Saltar ao contido

Paixón de gabiáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paixón de gabiáns

Editar o valor en Wikidata
FormatoDrama, romance, comedia
Creado porJulio Jiménez
Desenvolvido porHugo León Ferrer
Dirixido porRicardo Suárez Rodrigo Triana
IntérpretesMario Cimarro
Juan Alfonso Baptista
Michel Brown
Danna García
Paola Rey
Natasha Klauss
Tema de apertura"Fiera Inquieta" (por Angela María Forero)
País de orixe Colombia
Lingua(s)Castelán
Episodios188
Emisión orixinal
Canle de orixeTelemundo, Canal Caracol
Na rede
IMDB: tt0387763 Facebook: Pasión de Gavilanes Twitter: PasionGavilanes Instagram: pasiondegavilanes Netlix: 80047032 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paixón de gabiáns, orixinalmente en castelán Pasión de gavilanes, é unha telenovela colombiana escrita por Julio Jiménez.

Saíu ó ar en Colombia o 16 de outubro do 2003 na canle Telemundo, mais en Galiza a súa emisión non foi ata o ano 2005, o 11 de abril,[1], aínda que houbo de reemitirse a partir do 18 de xullo na mesma canle: TVG. Conta cun total de 188 episodios de 45 minutos aproximadamente. A telenovela combina o drama, a comedia e mailo romance. Ten como protagonistas a Danna García e mais a Mario Cimarro, e de antagonista a Lorena Meritano, entre outros. É unha versión da telenovela colombiana Las aguas mansas.

A novela acadou un grande éxito tanto no seu país de orixe, como en Galiza onde chegou a superar un 30% de share de audiencia.[1]

Despois de atravesa-la fronteira e abandona-lo seu país, os irmáns Reyes Guerrero: Juan, Óscar, Franco e Libia, instálanse nunha pequena e axitada cidade, onde abren unha panadaría, que axudaos a se sosteren. Libia, a máis nova, namórase de Bernardo Elizondo, un home maior, que á súa vez tolea por ela. Os dous viven un secreto e tórrido romance que é descuberto polos irmáns Reyes.

Indignados, tentan separalos, porén a situación complícase cando Libia confesa estar embarazada, o que fai rematen a acepta-la unión de Libia e mais Bernardo, noentento, este oculta estar casado.

Bernardo está disposto renunciar á súa familia composta por Gabriela Acevedo, a súa esposa, e tres fillas: Norma, Jimena e mais Sariña, os cales viven nunha facenda ós arredores da cidade, para se dedicar ren máis que a Libia, cando a morte sorprendeo nun inesperado accidente.

Ó se decatar do falecemento de Bernardo e descubrir que é casado, Libia remata coa súa vida, tirándose dunha ponte. Os irmáns Reyes sepúltana e xuran vinga-la súa morte co propósito de destruír aquela familia. As circunstancias lévanos a ser confundido cuns traballadores que deben construír unha cabana na facenda.

O profundo odio comeza a se disipar cando os Reyes coñecen ás fillas dos Elizondo, e aquela facenda convértese nun campo de batalla, onde se enfrontan o amor e os feroces sentimentos de vinganza e carraxe.